Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

A gandeiría nas zonas de montaña e as razas autóctonas centraron as intervencións das conferencias agrogandeiras do Valadouro, organizadas co apoio de Medio Rural da Deputación

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
medio rural
Mónica Freire
MES GANDEIRO
O Valadouro
feira de gando
RAZAS AUTÓCTONAS
CONFERENCIAS AGROGANDEIRAS
O Mes Gandeiro do Valadouro péchase o vindeiro sábado coa tradicional feira de gando

A complexidade da gandeiría nas terras de montaña, o manexo do gando nos sistemas extensivos de produción de carne,  a convivencia da gandeiría co lobo, a innovación na xestión silvopastoril ligada ao proxecto Forescelta ou a cría de razas autóctonas como Rubia Galega ou Porco Celta foron algúns dos temas que se abordaron nas conferencias agrogandeiras que se celebraron o sábado no Valadouro, no marco do Mes Gandeiro, que organiza a área de Medio Rural do concello coa colaboración de Medio Rural da Deputación de Lugo.

Gandeiras e gandeiros, persoal técnico e investigador relataron de primeira man as súas experiencias nestes ámbitos, creando un espazo formativo e  de intercambio, que se complementou coa celebración dun Concurso de Andadura Galega organizado por Puraga no que se repartiron  2080 euros en premios.

O Mes Gandeiro continuará o sábado 18 de febreiro coa  feira de gando tradicional no aparcadoiro municipal, a carón da piscina, a partir das 10.00 horas, na que se poderán comprar e vender ou intercambiar reses. A inscrición está aberta ata mañá mércores ás 20.00 horas, na seguinte ligazón https://cutt.ly/13j9G8z