Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

Mocidade da Deputación de Lugo colabora co Máster de Futbolín de Rábade, que agarda un récord de participación do 6 ao 8 de abril

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
Mónica Freire
mocidade
MÁSTER FUTBOLÍN RÁBADE

Mocidade da Deputación de Lugo colabora cunha nova edición do Máster Nacional de Futbolín de Rábade, que organiza a asociación Bóla Meiga e que se celebrará do 6 ao 8 de abril. Será a edición número 24 dun torneo que figura entre os máis concurridos e veteranos dos que se celebran no Estado.

A deputada Mónica Freire, o presidente de Bóla Meiga José Manuel Candal e o tenente alcalde de Rábade Alejandro Martínez presentaron esta mañá o evento, aberto á participación de persoas de todas as categorías e niveis de xogo.

A deputada destacou a traxectoria do torneo “plenamente consolidado no deportivo e cunha gran repercusión social e económica para a localidade e tamén para as comarcas da Terrá Chá e de Lugo, que tamén reciben a participantes e ás persoas que as acompañan” e encadrou  “o apoio a esta iniciativa se encadra na colaboración que desde a área de Mocidade mantemos co tecido asociativo, facilitando que colectivos como neste caso Bóla Meiga lle dean continuidade ao seu traballo”

Segundo explicou José Manuel Candal, a organización agarda “un récord histórico de participación fixándose como obxectivo as 600 persoas inscritas” e  destacou que se “aumentou a dotación dos premios, dos 10.000 aos 12.000 euros” para engadir atractivo a un evento que moitas persoas afeccionadas ao futbolin de distintos puntos do Estado “a data do Máster de  Rábade, que facemos coincidir coa Semana Santa, está marcada en vermello no calendario”.

O tenente alcalde rabadense incidiu “no dinamismo económico que o evento xera en Rábade e na contorna, especialmente na hostelería e na restauración, contribuíndo a facer provincia”.

O Master xogarase no pavillón do IES Río Miño, no centro da localidade, nas modalidades de participación habitual: en movemento, parado, feminino e combinada. A primeira xornada, como actividade previa ao inicio da competición, organízase un torneo de parellas cegas, no que os emparellamentos se definen por sorteo.