Deputación de Lugo
Turismo

Muimenta celebra a 32ª Festa da Filloa co apoio da Deputación de Lugo

Festa da Filloa

O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, participou este luns na 32 edición da Festa da Filloa de Muimenta, de Cospeito, que se celebrou no Recinto Feiral Manuel Vila López. A Deputación de Lugo aposta por esta Festa de Interese Turístico Galego cunha achega económica por importe de 7.000€ porque se trata dun evento que “contribúe de maneira importante a dinamizar a economía local e da comarca poñendo en valor a nosa tradición gastronómica”, sinalou García Pernas. Esta cita festiva tivo como pregoeiro ao escritor lucense Don Jordi Cicely.