Deputación de Lugo
Turismo

Pablo Rivera Capón pregoará mañá a Feira de San Isidro da Milagrosa

feira san isidro
Milagrosa
Lugo
O Deputado de Promoción Económica e Social será o encargado de abrir a 26ª edición do feiral que se celebra esta fin de semana no barrio lucense, e que conta co apoio da Deputación para a posta en valor dos produtos da provincia

O Deputado de Promoción Económica e Social e primeiro tenente de Alcalde de Láncara, Pablo Rivera Capón, será o encargado de ofrecer mañá venres o pregón da Feira de Produtos do Campo e Artesanía San Isidro da Milagrosa deste ano, co que arrancará unha fin de semana de actividades. Así o anunciou a organización, a cargo da Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais do barrio lucense, que presentou este xoves o programa nun acto na Praza da Milagrosa no que participou a Alcaldesa, Lara Méndez, o propio Deputado provincial e o presidente do colectivo veciñal, Jesús Vázquez.

Pablo Rivera destacou que se trata dunha cita que “serve de escaparate para por en valor a tradición rural da nosa provincia” e destacou o traballo levado a cabo pola asociación de veciños da Milagrosa para conservar e potenciar a feira, que celebra a súa 26ª edición. 

A Deputación de Lugo colabora co feiral aportando para a súa distribución entre os asistentes produtos autóctonos que suman un valor superior aos 7.000€.