Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación renova o seu apoio á Asociación de Alcohólicos Rehabilitados de Chantada

ARCHA
Chantada
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo fixo entrega do acordo entre a institución provincial e a entidade chantadina que permite cubrir gastos de persoal e material de imprenta

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, mantivo un encontro con representantes da Asociación de Alcohólicos Rehabilitados de Chantada (ARCHA) para a entrega do acordo a través do cal a institución provincial colabora co programa de atención a persoas con adicións desta entidade financiando gastos de persoal e material de imprenta.

A Deputación de Lugo apoia a ARCHA no seu labor de tratamento psicosocial das persoas con problemas de adición ao alcohol e de prevención do seu consumo. Entre as actividades levadas a cabo están a psicoterapia individual, conductual familiar e de parella e de grupo. Ademais, teñen en marcha un taller de habilidades sociais enfocado nas relacións interpesoais, accións de asesoramento sobre adiccións e interconsulta con outros profesionais.

O colectivo chantadino traballa neste programa con veciños da localidade pero tamén de concellos limítrofes, como Taboada, Carballedo, Antas de Ulla, Monterroso, O Saviñao e Sober, entre outros, dando servizo a máis de 70 persoas.