Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación apoia a Alcer no seu traballo de apoio e atención ás persoas con enfermidades renais

ALCER
benestar social

O Deputado de Promoción Económica e Social en funcións, Pablo Rivera Capón, acompañou este mércores á Asociación para a Loita contra as Enfermidades Renais de Lugo (Alcer Lugo) na mesa de informativa que instalou na Praza de San Marcos para sensibilizar dos dereitos que teñen as persoas doentes de ril.
Rivera Capón trasladoulle aos representantes do colectivo o apoio da institución provincial ao seu traballo, que consiste na mellora da calidade de vida das persoas con insuficiencia renal crónica de Lugo. Así mesmo, tamén puxo en valor o seu labor, que leva máis de 40 anos na provincia de Lugo e que na actualidade conta con preto de 400 socios.