Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

O Pazo de San Marcos acolle unha Xornada de Malos Tratos e Abusos a persoas maiores

benestar social
O Deputado de Promoción Económica e Social en funcións inaugurou este mércores esta iniciativa organizada pola Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo e da Unión Democrática de Pensionistas e Xubilados de España

Defendeu a loita contra a lacra social que fomenta a violencia e os malos tratos contra os maiores e asegurou que debe “abrir un debate serio como, no seu momento, se fixo coa violencia contra as mulleres e o abuso aos menores”

O Deputado de Promoción Económica e Social en funcións, Pablo Rivera Capón, participou este mércores na cincuenta edición da Xornada de Malos Tratos e Abusos a Persoas Maiores que organizaron a Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo e da Unión Democrática de Pensionistas e Xubilados de España no Salón de Actos do Pazo de San Marcos. Esta iniciativa naceu co obxectivo de rematar coa violencia e os malos tratos contra os maiores “unha lacra sobre a que a sociedade debe abrir un debate serio, como xa o fixo no seu momento coa violencia contra as mulleres ou os abusos a menores”.

Rivera Capón, que estivo acompañado da presidenta da Unión Democrática de Pensionistas e Xubilados de España, Inmaculada Ruiz Martín, e o presidente da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo, Julio Méndez Menéndez de Llano, afirmou que se calcula que un 26% da poboación do país coñece casos de maltrato a persoas maiores” ao tempo que celebrou que esta cita “axude a visibilizar un problema ante o que non podemos seguir mirando cara outro lado”.

Ademais pediu facilitar a todos ferramentas e estratexias que freen estes casos, porque “se estima que, o 90% dos casos están comedidos por persoas da contorna familiar, pero solo se denuncian o 4% destas situacións”.

Estas xornadas están dirixidas a profesionais de servizos sociais e saúde, xustiza, seguridade e comunicación, así como estudantes destas ramas, representantes de ONG ou administracións que traballan con persoas maiores.  As xornadas contaron con dúas mesas de debate, a primeira centrada no Coñecemento dos procedementos para a prevención dos malos tratos: o mundo rural e o mundo urbano, mentres que a segunda tratou sobre a Experiencia das organización de Galicia no ámbito dos malos tratos ás persoas maiores.