A Deputación inicia os traballos de mellora do firme na estrada que une As Rodrigas e Marco de Álvare, en Riotorto
![](/sites/deputacionlugo.org/files/2023-06/080623%20Obras%20de%20mellora%20estrada%20As%20Rodrigas%20e%20Marco%20de%20%C3%81lvare%2C%20en%20Riotorto.jpeg)
Estas actuacións realízanse na estrada provincial LU-P-5501 cun orzamento de preto de 42.000€, entre os puntos quilométricos 1,6 e 8, co fin de aumentar a seguridade vial
A Deputación de Lugo vén de iniciar as obras de mellora da estrada provincial LU-P-5501, que une As Rodrigas con Marco de Álvare, ao seu paso por Riotorto. Unhas obras adxudicadas á empresa Grupo Bascuas 2008 SL por preto de 42.000€.
Os traballos consisten na apertura das cunetas e no aglomerado en quente onde a vía presenta desperfectos, ademais de renovar a sinalización co fin de aumentar a seguridade vial. As actuacións desenvolveranse no treito comprendido entre os puntos quilométricos 1,6 e 8, e o prazo de execución destas actuacións é dun mes.