En cumprimento do establecido na Lei 2/2023, de 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción, a Deputación Provincial de Lugo implantou un Sistema Interno de Información.
Este sistema cumpre coa finalidade da citada Lei permitindo que as persoas físicas poidan informar sobre algunha das accións ou omisións ás que se refire o seu artigo 2, fundamentalmente infraccións do Dereito da UE e infraccións penais ou administrativas graves ou moi graves.
As persoas informantes serán as persoas físicas que obtiveran información sobre as infraccións normativas comprendidas no artigo 2 da LPI, nun contexto laboral ou profesional na súas relación coa Deputación.
Este Sistema Interno de Información permite presentar información por escrito, verbalmente e de xeito anónimo. A identidade da persoa informante será reservada en todo caso e non se comunicará ás persoas afectadas pola información nin a terceiros, e será informada de modo expreso desta reserva da súa identidade.
De acordo co sinalado no artigo 29 da LPI, os tratamentos de datos privados que deriven da aplicación desta lei rexeranse polo disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos privados e garantía dos dereitos dixitais, na Lei orgánica 7/2021, do 26 de maio, de protección de datos privados tratados para fins de prevención, detección, investigación e axuizamento de infraccións penais e de execución de sancións penais, e no presente título.
Normativa