Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo participa na Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento

Ofrenda Reino de Galicia
Santísimo Sacramento
concello de lugo

O Deputado en funcións de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este domingo en Lugo nos actos da tradicional Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento, que este ano realizou o Concello de Ourense. A xornada comezou coa recepción dos diferentes representantes institucionais na Casa Consistorial de Lugo, e despois tivo lugar unha celebración relixiosa na Catedral. 

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento celébrase en Lugo desde 1669, cando o Cabido Catedralicio pediu axuda ás cidades para manter a iluminación da Sagrada Forma no Altar Maior as 24 horas do día dos 365 días do ano.