Deputación de Lugo
Infraestruturas

Corte de tráfico dende mañá na Fonsagrada para a mellora da estrada provincial que une Mesón Novo con Chao de Vaga

rede viaria provincial
Imaxe deputación de lugo
A Deputación inviste preto de 300.000€ na LU-P-1911 para a renovación do firme dende ao inicio da vía ata o quilómetro 4,345 e en case 800 metros á altura do quilómetro 6

A estrada cortarase por tramos durante un prazo estimado de seis días, quedando sinalizados debidamente os desvíos

A Deputación de Lugo informa de que os traballos para a rehabilitación do firme da estrada LU-P-1911, de Mesón Novo a Chao de Vaga por Ventorrillo, á altura da Fonsagrada, obrigarán a realizar cortes de tráfico dende mañá, xoves 24 de agosto, e durante un prazo estimado  de 6 días. A vía cortarase por tramos, quedando sinalizados debidamente os desvíos. 

Esta actuación afecta a uns cinco quilómetros da estrada, dende o seu inicio ata o quilómetros 4,345 e do punto quilométrico 6,073 ao 6,822. A institución provincial destina preto de 300.000€ a estes traballos que foron adxudicados á empresa Desarrollos y Metas S.L.

Nesta estrada levouse a cabo a limpeza dos laterais, obras de drenaxe e, tras a pavimentación con aglomerado en quente, a obra rematarase coa sinalización. 

Este proxecto súmase ao xa acometido pola Deputación de Lugo ata Chao de Vaga, cun investimento doutros 200.000€.