Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia impulsa unha nova edición do Volante Deputación, o 16 e 17 de setembro  no circuíto da Pastoriza

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
Deportes
volante Deputación
automobilismo
rally
A Pastoriza
O programa ofrece 160 prazas e premia á persoa gañadora coa participación no Rally San Froilán

O prazo de inscrición estará aberto ata o 14 de setembro

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo impulsa unha nova edición do Volante Deputación, un programa deportivo e formativo que ofrece a pilotos noveis a oportunidade de iniciarse na competición automobilística. O vicepresidente da Deputación Efrén Castro e o director de PTC Escuela Antonio Solórzano presentaron este mediodía o evento que se celebrará os16 e 17 de setembro no circuíto da Pastoriza.

O programa, con 160 prazas, mantén o formato das edicións anteriores, cunha parte formativa na que as persoas participantes reciben un curso de condución para igualar e equilibrar os coñecementos entre uns e outros, e outra puramente competitiva, cunha proba cronometrada da que sae o vencedor do Volante Deputación de Lugo, que recibe como premio a participación como piloto titular no Rally San Froilán 2023, dentro da estrutura do equipo de competición PTC.

Efrén Castro subliñou “a posibilidade que o Volante Deputación ofrece a pilotos noveis para formarse e entrar en contacto coa competición de forma gratuíta, alimentando desde a base a afección ao automobilismo que ten moito arraigo nas distintas comarcas.Vemos, nas distintas carreiras que se celebran ao longo do ano, que os rapaces que gañaron nos últimos anos o Volante Deputación seguen participando nos rallys, o que constata tamén que hai un interese e un aproveitamento desa experiencia”, engadiu.

O Volante Deputacíon é un dos piares do apoio da Vicepresidencia da Deputación se presta a este deporte.  Engádese unha convocatoria de axudas específicas para pilotos de rally que na última convocatoria, en 2022, beneficiou a 36 pilotos e colaboración nas carreiras que se disputan nas distintas comarcas.

Inscricións até o 14 de setembro

O prazo para enviar os formularios de inscrición abriuse esta mañá e remata o 14 de setembro  ás 13.00 horas. As solicitudes, dispoñibles na web de PTC Escuela, deben enviarse ao enderezo electrónico piloto@ptcescuela.com.

A inscrición dos participantes do Volante Deputación farase por orde de recepción do corre electrónico coa documentación solicitada (modelo de solicitude de participación, fotocopia do DI e certificado de empadroamento, ata cubrir as 160 prazas dispoñibles.