Corte da estrada provincial de Sarria a Paradela durante unha semana para a mellora do firme
O investimento da institución provincial nesta vía ascende a 260.000€
A Deputación de Lugo comezou este xoves o estendido de aglomerado na estrada provincial LU-P-5709, entre os concellos de Sarria e Paradela, uns traballos que obrigan a cortar o tráfico na vía durante unha semana, quedando habilitados desvíos alternativos debidamente sinalizados.
A actuación nesta estrada, de Santa María a Castro de Rei de Lemos por Vilamaior, conta cun investimento de preto de 260.000€. Foi adxudicada a Excavaciones Santiños S.L. e afecta a cinco quilómetros de vía, dende o punto quilométrico 5,9 ao 10,7. Entre os traballos xa levados a cabo inclúese a limpeza de laterais da vía e obras de drenaxe. Tras o estendido de aglomerado en quente restar a sinalización horizontal e vertical para rematar os traballos de rehabilitación.
As obras permitirán aumentar a seguridade e comodidade da vía, que conta con máis de 14 quilómetros, dos que 3,9 son no concello de Paradela e 10,3 pertencen a Sarria.