Deputación de Lugo
Formación

A Deputación colabora coa 16ª edición do Máster en Dirección de Proxectos da EPSE, que arrancou hoxe

escola politecnica superior
Lugo

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández,  participou este xoves na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) no acto de presentación do inicio do curso da 16ª edición do Máster en Dirección de Proxectos, unha formación coa que a institución provincial colabora a través do convenio asinado coa Universidade de Santiago para potenciar o Campus de Lugo.

“Sen ter competencias directas en educación, somos a Deputación de España que máis inviste na Universidade pública. E facémolo porque a educación e a formación son ferramentas imprescindibles para garantir a igualdade de oportunidades e para desenvolver o futuro desta provincia dunha maneira equilibrada e sostible”, subliñou Fernández, ao tempo que lle deu a benvida ao novo alumnado e lle desexou un bo curso. 

Neste acto tamén participaron o vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo da USC, Francisco José Fraga, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a directora da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, Rosa Romero, e o coordinador do Máster, Carlos Amiama.