Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

O Club Fluvial proclamouse campión da Copa Deputación de Piraguismo, patrocinada pola Vicepresidencia

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
Deportes
COPA DEPUTACIÓN PIRAGÜISMO
CIDADE DE LUGO
CLUB FLUVIAL
ALTRUÁN
CD SAN CIPRIÁN
VIVEIRO URBAN HOTEL
KAYAK FOZ
ESCOLA PROVINCIAL PIRAGUISMO
Cidade de Lugo e Altrúan de Ribadeo completaron o podio do campionato que rematou este domingo coa sexta regata

O Club Fluvial proclamouse campión da XIII Liga Provincial – Copa Deputación de Piragüismo patrocinada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O club lucense sumou os últimos puntos na sexta e última regata da competición que se celebrou esta mañá nas Saamasas, en Lugo.

Cidade de Lugo -segundo- e o CP Altruán de Ribadeo -terceiro – completan o podio da liga provincial; o mesmo que o desta última regata, organizada polo Cidade de Lugo. A deputada Iria Castro entregou os trofeos na Escola Provincial de Piragüismo, onde parabenizou a todas e todos os piraguistas participantes.

A liga provincial de piraguismo conta coa participación dos seis  augas tranquilas da provincia: CD San Ciprián, CP Altruán de Ribadeo, Club Kayak Foz, CP Viveiro Urban Hotel, Cidade de Lugo e Club Fluvial de Lugo. Cada entidade organiza unha das regatas, nas que participan unha media de 225 piraguistas das diferentes categorías desde prebenxamín ata xuvenil dos seis clubs.

A competición organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.