Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Muras celebrou a Feira do Poldro, cunha feira gandeira e actividades ao redor do cabalo para todos os públicos

VICEPRESIDENCIA DEPUTACION LUGO
medio rural
DANIEL GARCÍA
FEIRA DO POLDRO
Muras
Daniel García entregou os galardóns das carreiras de andadura libre e participou na homenaxe a Asociación Atila

Muras celebrou un ano máis, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Feira do Poldro e do Gando de Monte, poñendo en valor  a actividade gandeira no municipio e promocionando a carne dos animais criados de forma tradicional.

 

O deputado de Medio Rural Daniel García, acompañado polo alcalde de Muras Manuel Requeijo e pola tenente alcalde Paula Gómez, achegouse ao recinto feiral, no Alto da Gañidoira, onde, ademais da compra e venda, se desenvolveu unha ampla axenda lúdica arredor do cabalo para todos os públicos.

 

O responsábel provincial entregou os premios das carreiras de andadura libre, que se celebraron durante a tarde, nas modalidades serrada e chapeada, e participou na homenaxe á Asociación Atila, que con 200 persoas sociais aglutina a paixón polo cabalo en Muras e na contorna.