Deputación de Lugo

A Deputación participa na Gala de Premios Solidarios que organiza o Grupo Social Once Galicia

GALA PREMIOS SOLIDARIOS ONCE 2023
TEATRO COLON

A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira Morandeira, asistiu este xoves á XV Gala de Premios Solidarios 2023 que organiza o Grupo Social Once Galicia. Un evento que acolleu o Teatro Colón da Coruña, e ao que tamén asistiu a Alcaldesa da cidade, Inés Rey, ademais do delegado da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, entre outras autoridades. Recibiron recoñecemento a Fundación María José Jove da Coruña, o programa da Radio Galega Pensando en ti, a xornalista da Sexta Noticias Cristina Saavedra, Estrella Galicia e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia.