Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Premios aos mellores exemplares de Galiña de Mos en ExpoLugo A Rural

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
medio rural
EXPOLUGO A RURAL
BOAGA
RAZAS AUTÓCTONAS
Criadoras e criadores de Láncara, Castro de Rei, Riotorto e Pol foron recoñecidos no Concurso Exposición Monográfico Provincial da Raza Galiña de Mos

O deputado Daniel García entregou os premios do VII Concurso Exposición Monográfico Provincial da Raza Galiña de Mos de Lugo, organizado pola Federacion de Razas Autóctonas Galegas (BOAGA) durante mostra agrogandeira ExpoLugo A Rural, con premios para as criadoras e criadores dos mellores exemplares de galos e galiñas que se puideron ver esta fin de semana no Pazo de Feiras e Congresos.

No acto recoñeceuse tamén a participación de gandeiros e gandeiras que achegaron ao recinto feiral vacas e tenreiros das razas bovinas limiá, cachena, caldelá, frieiresa e vianesa, e exemplares de Ovella Galega e Cabra Galega, razas agrupadas en Boaga.

O responsábel provincial agradeceu o traballo de gandeiras e gandeiros que participaron, canda as asociacións gandeiras, nesta edicion de ExpoLugo A Rural, que amosa e recoñece a importancia da gandeiría nas distintas comarcas, pola súa contribución económica, social e ambiental ao rural.

Premios do Concurso de Galiña de Mos

1° premio:Jose Luis Freire Castedo. De Pol.
2° premio: Sandra López López. De  Láncara.
3° premio: Beatriz Canto Edrosa. De Castro de Rei.
Na Categoría de Galos:
1° premio  Luis Fdez Fdez. De Riotorto
2° premio José Luis Freire Castedo. De Pol
3° premio: Sandra López López. De Láncara.