Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación de Lugo participa nos actos de celebración do Día do Pilar, patroa da Garda Civil

Día do Pilar

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este xoves na celebración que tivo lugar na capital lucense con motivo da Festividade do Pilar, patroa da Garda Civil. Os actos comezaron na Igrexa de San Francisco Javier cunha misa e, posteriormente, trasladáronse ao Patio de Armas da Comandancia da Garda Civil, na que tivo lugar un acto castrense. Ademais do mandatario provincial, no acto participaron a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; e a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez; entre outras outras autoridades nacionais, autonómicas e locais.