Deputación de Lugo

A Deputación súmase este domingo ao cor rosa polo Día Mundial contra o Cancro de Mama

AECC
Día Internacional do Cancro de Mama

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ás Deputadas de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto; a de Muller e Igualdade,  Marisol Morandeira Morandeira; e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este domingo en Lugo nos actos con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama organizados pola Asociación Española contra o Cancro de Mama de Lugo (AECC) e o grupo El Progreso, e co que colabora a institución provincial. Unha acción que tivo como obxectivo recadar fondos para a investigación desta enfermidade que, cada ano, afecta a preto de 300 mulleres da provincia de Lugo, segundo  AECC.

No acto, no que baixo o lema “El rosa es más que un color” formouse un xigante lazo de flores rosas nos xardíns da Mosquera como símbolo de apoio na loita contra esta enfermidade, estiveron presentes tamén a Alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez López, a Presidenta do grupo El Progreso, Blanca García Montenegro; a Presidenta da Asociación Contra o cancro en Lugo, María Luz Abella; e a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez López; entre outras autoridades.