Cultura
Deputación de Lugo

Conta atrás para o Castañazo de Chantada, que conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

VICEPRESIDENCIA DEPUTACION LUGO
cultura
IRIA CASTRO
O CASTAÑAZO
Chantada
FESTIVAL

Conta atrás para o Castañazo de Chantada, que conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación de LUgo


A Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia a organización do Castañazo que se celebra os días 27 e 28 de outubro en Chantada. A Asociación Cultural O Castañazo retoma o festival despois de catro anos, cun cartel que mestura bandas galegas e estatais.

Fillas de Cassandra, Narco, Tremenda Jauría, Lágrimas de sangre, Rastreros e Grande Amore tocan o venres, e o sábado será a quenda para Dakidarría, Mafalda, Tropa do Carallo, Sons of Aguirre&Scilla, Arrhythmia e Rebeliom do Inframundo

O cartel musical complétase cunha programación aberta e de balde, como o Ourizo Rock, con propostas pensadas para público infantil - actuacións dos combos xuvenís da Casa da Música de Chantada e Ramón Gato e o espectáculo teatral Mus Museum de A Run Run Teatro - o sábado pola mañá, no Auditorio Municipal, e Cantos de Taberna e un pasarrúas de Mekanika Rolling Band ao longo da tarde, ademais dun magosto popular.

A deputada de Cultura Iria Castro, que se reuniu este martes cos membros da organización, 
celebrou que “a Asociación O Castañazo se reforzase

Cartel O Castañazo

arredor desta nova edición do festival, que é unha referencia musical do outono en Galiza” e destacou “a aposta da Vicepresidencia da Deputación de Lugo por apoiar as iniciativas que xurden do tecido asociativo”.

A área de Cultura achega 12.000 euros á organización do festival, que se promociona con cartelería na Praza de San Marcos, reforzando a súa difusión na cidade de Lugo nestas últimas datas ata a súa celebración.