Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación renova no Día Mundial do Dano Cerebral Adquirido o compromiso cos doentes e as súas familias

adace

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participou este xoves na lectura do manifesto con motivo do Día Mundial desta doenza organizada pola Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Lugo (ADACE) na Praza Maior da capital lucense. A Deputación de Lugo colabora con este colectivo cunha achega anual de 12.000€ para a contratación dun neuropsicólogo que desenvolve terapias no centro de día e favorece a vida dos doentes e as súas familias. Ademais, a institución provincial colabora con 10.000€ coa Fundación de Daño Cerebral (FUDACE) para levar a cabo actividades e iniciativas do colectivo.