Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo apoia ao Emevé na presentación dos equipos de todas as súas categorías, con máis de 500 xogadoras e xogadores

Emevé

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participou este sábado no Pavillón Municipal de Lugo na presentación oficial dos equipos de todas as categorías do Club Voleibol Arenal Emevé, que conta con máis de 500 xogadores e xogadoras competindo esta tempada. Miguel Fernández destacou no acto o potencial do club, único en España con dous equipos xogando na máxima categoría do voleibol. “O Emevé é todo un referente do deporte na nosa provincia con máis de 40 anos promocionando e levando o nome de Lugo ao máis alto do voleibol". Un Club, quixo recalcar o Deputado, “clave no impulso do deporte feminino e da loita pola igualdade, que ten entre os seus principais valores deportivos, capitaneado pola súa Presidenta Bibí Bouza". Neste senso, subliñou Miguel Fernández, o traballo que se desenvolve na Deputación de Lugo vai en plena sintonía cos valores do club lucense, pois “aplicamos a perspectiva de xénero en toda a nosa acción política, e o deporte é un dos mellores vehículos para chegar a moitos nenos e nenas como os que hoxe temos aquí nesta gran canteira do voleibol da provincia”.