Deputación de Lugo
Economía

A Deputación acompaña aos asociados de APREVAR no encontro anual de profesionais do sector automobilístico

APREVAR

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participou este sábado no tradicional encontro organizado pola Asociación Provincial de Reparación e Venda de Automóbiles e Recambios de Lugo (APREVAR). Esta cita serve de reunión para os 530 asociados, o que representa ao 85% das empresas do sector da automoción da provincia de Lugo, e máis de 2.000 traballadores. A Deputación de Lugo colabora con APREVAR cunha achega económica de 40.000€ neste ano 2023. 

Aprevar