Cultura
Deputación de Lugo

Xornada formativa no Pazo de Tor

cultura
rede museística
Museo Pazo de Tor
MUSEOLOXÍA SOCIAL
IRIA CASTRO

O Pazo de Tor este luns acolle unha xornada  dirixida a deseñar e implementar estratexias que permitan avaliar o impacto dos procesos de museoloxía social. O módulo formativo “Evaluar para ser sostenibles. Diseño e implementación de un plan de evaluación en Museología Social”

O modulo formativo, coordinado por Eloísa pérez Santos, profesora da avaliación psicolóxicas da Universidade Complutense de Madrid e investigadora de públicos de museos, afonda en cuestións como a humanización dos datos ou a importancia de obxectivos e indicadores ben definidos para analizar os resultados dos programas e proxectos desenvolvidos desde os museos.

A deputada Iria Castro achegouse ata ao museo monfortino para seguir o desenvolvemento da xornada na que participann unha vintena de profesionais e que dá continuidade ao programa formativo Estratexias de Museoloxía Social 2023, que a Rede Museística Provincial desenvolve desde o pasado mes de xuño, con encontros e xornadas presenciais e en liña abertas a profesionais do sector cultural, educativo e creativo do ámbito iberoamericano.