Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

Exhibición de vehículos da Ruta 4x4 Comarca de Sarria no IES Gregorio Fernández

Deportes
EFRÉN CASTRO
Sarria
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora na organización da proba, que apostou por actividades promocionais para a mocidade

O vicepresidente da Deputación de Lugo e deputado de Deportes Efrén Castro achegouse esta mañá ao IES Gregorio Fernández, de Sarria, a unha actividade organizada pola Asociación Os Carro x Catro como actividade previa á XI Ruta 4x4 da Comarca de Sarria que se celebrará esta fin de semana.

Ademais da ruta turística, a organización realiza estas actividades, a modo de exhibición, dirixidas especialmente á mocidade. No caso do IES Gregorio Fernández, pensando especialmente no alumnado dos ciclos de fabricación mecánica, mecanizado ou mantemento industrial, que se imparten no centro.

 A área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora coa organización desta ruta turística con vehículos 4x4, que terá como punto de referencia Sarria -que será saída e meta e centrará parte do itinerario- e percorrerá tamén os concellos de Láncara, Baralla, Becerreá,  Triacastela e Samos, servindo de escaparate para as paisaxes e recursos turísticos da comarca e xerando unha importante actividade na hostelería e restauración.  A ruta conta xa con máis de 370 participantes inscritos.  

Ruta 4x4 Comarca de Sarria

Venres 17
21.00 - Pinchos de benvida (Terraza O Meigallo).
22.30 - Saída nocturna polos arredores da Vila de Sarria.

Sábado 18
08:00 - Entrega de documentación necesaria e almorzo no parque do Chanto.
(Terraza O Meigallo).
08:30 - Saída da ruta.
14.00 - Xantar no pavillón de Triacastela (Pulpería María y Luís)
19.00 - Fin da ruta.
21.30 - Cea de gala (Restaurante Cinza e Lume).

Domingo 19
09.00 - Almorzo no parque do Chanto (Terraza o Meigallo).
09.30 - Probas de habilidade no polígono de O Morelle.
15.00 - Xantar no parque do Chanto (Terraza O Meigallo).
16.00 - Entrega de trofeos.