Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

Vicepresidencia apoia o primeiro derbi de fútbol sala feminino en primeira categoría

Deportes
fútbol sala
PESCADOS RUBÉN BURELA FS
FSF CASTRO
fútbol feminino

O vicepresidente da Deputación e deputado de Deportes, Efrén Castro, asistiu ao encontro entre o FSF Castro Bloques Cando e o Pescados Rubén Burela FS. O encontro foi o primeiro derbi lucense de fútbol sala na máxima categoría feminina que se xoga na provincia.

Esta é unha data para a historia do deporte lucense na que Efrén Castro participou no saque de honra xunto á campiona galega de enduro Elena López.