Lugo Cultural entrega os premios do V Certame de Videocreación, co apoio de Vicepresidencia
![](/sites/deputacionlugo.org/files/2023-11/IMG-20231127-WA0028.jpg)
A deputada de Cultura Iria Castro e a concelleira de Cultura Maite Ferreiro asistiron este luns á entrega de premios do V Certame de Videocreación, incluído dentro da programación do Lugo Cultural que desenvolve a área de Cultura do Campus de Lugo coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e da área de Cultura do Concello de Lugo.
No acto, no que proxectaron as pezas presentadas ao certame, as responsables da Cultura da Deputación e do Concello de Lugo valoraron "a contribución do Lugo Cultural a reforzar o vínculo do Campus e do estudantado coa cidade e a promover a creatividade"
Premios:
- Mellor linguaxe visual: “Quinta estación” de Mario Pereira Goiriz. Valóranse os aspectos estéticos da obra referentes á imaxe, iluminación e dirección artística, así como a montaxe e edición visual da peza.
- Araceli Herrero á mellor comunicación: “Carta de Amor” de Ana Valentina López e Cristiam Leiva. Premiouse a proposta que englobou tódolos aspectos comunicativos empregando diferentes linguaxes.
- Isidro Novo á mellor linguaxe literaria: “Todo flúe” de Diego Sanmartin e Luz Salgado. Recoñecéronse os aspectos literarios da obra referentes a guion e uso da linguaxe escrita ou oral.