Deputación de Lugo

EPS e Sociedade Lucus presentan en San Marcos unha guía micolóxica da provincia elaborada grazas á Deputación

Micolucus
sociedade micolóxica
escola politecnica superior

O Deputado de Participación Cidadá, Iván Castro, participou este xoves no Pazo de San Marcos na presentación da Guía Micolóxica Básica da Provincia de Lugo, unha obra elaborada pola Escola Politécnica Superior (EPS) de Enxeñería e a Sociedade Micolóxica Lucus grazas ao financiamento da Deputación de Lugo. O volume, que contou cunha achega de 3.500€ da institución provincial, pretende ser unha ferramenta útil de iniciación ao mundo da macromicoloxía, e inclúe máis de 200 especies e outras 380 referencias. No acto estiveron presentes os coordinadores da publicación, José Antonio Rigueiro e Julián Alonso; e os autores José Castro Ferreiro e María Cristina García-Echave. O Deputado provincial destacou que esta guía axudará a coñecer mellor o patrimonio ambiental da provincia e valorou a iniciativa como “un dos moitos froitos que está a dar a intensa colaboración que mantemos co Campus de Lugo”. Todas as persoas que asistiron a este acto levaron como agasallo un exemplar gratuíto.