Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

A Pobra do Brollón acolleu unha xornada sobre a importancia das actividades agrogandeiras na prevención dos lumes, co apoio da Vicepresidencia

SOCIEDADE GALEGA DE PASTOS E FORRAXES
Medio Rural e Mocidade

A Pobra do Brollón acolleu hoxe a xornada “As actividades agrogandeiras fronte aos incendios na montaña”, organizadas pola Sociedade Galega de Pastos e Forraxes coa colaboración da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

No encontro gandeiras e gandeiros e persoal técnico expuxeron proxectos de silvopastoreo e gandeiría extensiva que se están a desenvolver en distintos puntos de Galiza, incidindo na importancia destas iniciativas na prevención dos lumes.

Entre eles, iniciativas con apoio directo da área de Rural a través do programa O que non arde, como a de José Manuel Espiño Iglesias da CMVMC de Carballo, en Friol, beneficiario dunha axuda para desenvolver alpendres móviles para gando cabrún.

Sociedade Galega de Pastos e Forraxes