Deputación de Lugo

O Presidente inaugura en San Marcos un taller práctico sobre prevención e xestión de conflitos de interese no eido local organizado pola Deputación e o Consello de Contas de Galicia

consello de contas de galicia
José Tomé Roca abriu este martes unha xornada que contou como poñente principal con Concepción Campos Acuña, Doutora en Dereito e codirectora de Red Localis-Rede Local de Administración Pública, e que reuniu a medio cen-to de persoas

“A Deputación é unha administración aberta no sentido máis plural da pala-bra. Aberta a colaborar co tecido social e con outras instancias en actividade coma esta, que redundan nun mellor servizo á cidadanía, e aberta, transpa-rente na xestión e comprometida na loita contra calquera tipo de irregulari-dade na xestión dos fondos públicos”

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, inaugurou este martes no Pazo de San Marcos un taller práctico sobre prevención e xestión de conflitos de interese no ám-bito local, organizado pola institución provincial e o Consello de Contas de Galicia. Unha acción formativa orientada tanto a representantes institucionais como a empregados pú-blicos, e que reuniu a que medio centro de persoas no Salón de Actos. Contou como po-ñente principal con Concepción Campos Acuña, Doutora en Dereito e codirectora de Red Localis-Rede Local de Administración Pública, e coa presenza do Conselleiro de Consello de Contas, Simón Rego.

“A Deputación é unha administración aberta, no sentido máis plural desta palabra”, subli-ñou José Tomé: “Estamos sempre abertos a colaborar co tecido social ou con outras ins-tancias da administración en actividades coma esta, que redundan nunha mellora do ser-vizo que se presta aos cidadáns. Tamén somos unha administración aberta, transparente na xestión, e comprometida na loita contra a fraude ou contra calquera tipo de irregulari-dade na xestión dos fondos públicos, que son de todos os cidadáns”.

Neste sentido, lembrou que a institución provincial ten dende mediados do pasado ano 2022 un  Plan de Medidas Antifraude, aprobado por unanimidade no Pleno, e tamén presta asesoramento aos concellos que o solicitaron para elaborar un protocolo destas mesmas características.  

O Presidente puxo en valor o obxectivo das xornadas, en tanto que a administración local “é a máis próxima ao cidadán e, por iso, calquera deficiencia que nela se produce ten un efecto especialmente desmotivador na sociedade”. De feito, recalcou, “creo que a con-fianza nas institucións comeza por fomentar a confianza nos nosos concellos”.
Así mesmo, incidiu, accións formativas coma esta, que facilitan aos concellos as ferra-mentas de xestión coas que previr calquera irregularidade, “son un bo camiño para res-paldar e para avanzar na reclamación que veño facendo como Presidente da Deputación sobre a necesidade de incrementar a participación directa das administracións locais nos fondos da Unión Europea”. 

Os contidos

A xornada estrutúrase en dúas partes. A primeira consiste na exposición dos principais aspectos regulamentarios que afectan á xestión dos conflitos de intereses, cun enfoque práctico e directo, centrado na realidade operativa e funcional das entidades locais. Na segunda parte, de tres horas de duración, trabállase en grupos para a identificación, de-limitación e comprensión da figura do conflito de interese, a xestión dos riscos asocia-dos, as claves para a súa detección e resolución dos eventuais conflitos que puideran formularse, e posta en común de conclusións para a aprendizaxe e implementación do procedemento de xestión. 

En concreto, os contidos céntrase no conflito de intereses na xestión pública local: con-cepto e tipoloxía; figuras afíns na lexislación: abstención e recusación e supostos de incompatibilidade no ámbito local; as especialidades do mundo local: a dualidade políti-ca/empregados públicos; medidas de transparencia e declaración de bens e intereses como medidas de prevención; a xestión dos conflitos de intereses como medida de pre-vención do fraude e a corrupción; o papel da Declaración de Ausencia de Conflitos de Intereses (DACI) como medida de continxencia do risco de fraude e corrupción; medidas para abordar a xestión dos conflitos de intereses: aspectos de procedemento e especiali-dades da contratación pública; e o conflito de intereses nos Plans de Medidas Antifraude para a xestión de fondos europeos.

Así mesmo, nesta mesma xornada efectuarase unha presentación dos principais traballos efectuados dende a área de Corporacións Locais do Consello de Contas en materia de prevención do fraude e o fomento de marcos de integridade pública na xestión, nomea-damente o Informe de Avaliación dos Sistemas dos Fondos Next Generation da UE.