Cultura
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación colabora coa organización do mercado Petiscos de Nadal, o 23 de decembro en Taboada

Mercado Petiscos de Nadal
Taboada
Asociación de Comerciantes e Industriais de Taboada
cultura
IRIA CASTRO

 A deputada de Cultura Iria Castro participou na presentación do mercado Petiscos de Nadal, que se celebrará o sábado 23 de decembro en Taboada coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada organiza por segundo ano consecutivo a feira, que contará con 17 postos de alimentación e artesanía, na súa maioría, de producións agroalimentarias e obradoiros da Ribeira Sacara, que se instalarán na Praza de Riazón de 11.00 a 19.00 horas.

Iria Castro valorou “a iniciativa do tecido empresarial de Taboada que puxo en marcha e mantén este mercado, ofrecendo a artesáns e produtores agroalimentarios da comarca un espazo para vender e promocionar os seus produtos e fomentando o consumo de produtos de proximidade”.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora no amplo abano de actividades lúdicas e culturais que se organizan para dinamizar o mercado ao longo da xornada, como un obradoiro de instrumentos musicais para nenas e nenos a cargo de Xaneco Tubío e a actuación de Catuxa Salom.

Programa

11.30 horas. Apertura do Mercado e actuación para público infantil e familiar con Paco Nogueiras

13.00 horas. Visita Apalpadora.

14.00 horas. Sorteo dunha cesta de Nadal con produtos da Ribeira Sacra

15.00 horas a 19.00 horas. Obradoiro de instrumentos musicais con Xaneco Tubío

19:00 horas. Peche do mercado e actuación de Catuxa Salom

De 11.30 a 20.00 horas. Zona gastronómica con varios postos de comida elaborada.