Deputación de Lugo
Medio ambiente
Turismo

A Deputación rematou os 26 proxectos en impulso das reservas Terras do Miño e Os Ancares Lucenses co investimento de 1M€ que conseguiu da Unión Europea

Reservas da Biosfera
Fondos Europeos
turismo
Entre estas actuacións, destaca a certificación de Destino Turístico Starlight que a institución provincial conseguiu para Os Ancares Lucenses, e as actuacións destinadas á conservación e xestión da biodiversidade e dos recursos naturais, en Terras do Miño

A Deputación reunirá o vindeiro luns, en Cervantes, e o martes, no Pazo de San Marcos, aos órganos reitores e de participación destes territorios para facer balance das actividades realizadas neste ano 2023 e abordar proxectos de cara ao futuro

Con estes investimentos, reforzamos as políticas públicas que promovemos en apoio do rural, aproveitando a riqueza e a diversidade ambiental, patrimonial e etnográfica que atesouran as Reservaspara favorecer un desenvolvemento sostible e a creación de emprego”, subliñou a Voceira socialista do Goberno

A Deputación de Lugo rematou a execución dos 26 proxectos en impulso das dúas reservas da biosfera que xestiona, a de Terras do Miño e a dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, grazas ao millón de euros que conseguiu da Unión Europea. Así o anunciou este venres a Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, onde tamén deu a coñecer que a institución provincial reunirá aos órganos reitores e de participación destes territorios para facer balance das actividades realizadas neste ano 2023 e abordar proxectos de cara ao futuro. Serán, o luns, en Cervantes, no caso da Reserva dos Ancares, e o martes, no Pazo de San Marcos, no caso da Reserva Terras do Miño. 


Pilar García Porto avanzou que nestasreunións, entre outrascuestións, “daremos conta dos proxectos que acometemos nestes territorios grazasaomillón de euros que conseguimos da Unión de Europa, e que xa están, todos eles, finalizados a día de hoxe”. En total, “levamos a cabo 26 actuaciónsnas dúas Reservas,que serviron para seguir favorecendo o desenvolvemento social e económico destesdousespazos”, explicou García Porto.


Entre estesproxectos, destacou a Voceira socialista do Goberno a certificación de Destino Turístico Starlight que a Deputación conseguiu para a Reserva dos Ancares Lucenses, que integran os concellos de Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá. Unha distinción que outorga a Fundación Starlight -impulsada polo Instituto de Astrofísica de Canarias-, e que, segundo apuntou,“supón un novo atractivo turístico a través da contemplación do ceo nocturno, seguindo o modelo sostible e de calidade polo que apostamos e traballamos dende a Deputación”. Os Ancares é o segundo destino na provincia de Lugo xunto a Muras que conta con este distintivo, e o oitavo deles situado en Galicia. Polo tanto, “este logro é moi importante porque sitúa a Lugo entre os 60 destinos en astroturismo na actualidade que hai en toda España”, sinalou García Porto. 


Así mesmo, con estes fondos europeos para as Reservas da Biosferaa institución provincial acometeuoutrosproxectos relevantes como a mellora do teitado das pallozas do Piornedo; o desenvolvementodun Campus de emprendementosostible para a promoción económica destes territorios; ou a sinalización de patrimonio cultural e de recursos turísticos, tales como a Vía Romana XIX, o Castro de Santa María, en Becerreá, ou as Mámoas de Oural, Pena de Mourosou de Restelo. 
No que se refire á Reserva deTerras de Miño, a maioría das actuaciónsforon destinadas á conservación e xestión da biodiversidade e dos recursos naturais. Desteespazo forman parte os concellos de Ourol, Alfoz, O Valadouro, Mondoñedo, Abadín, A Pastoriza, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guititiz, Muras, Vilalba, Xermade, Meira, Pol, Riotorto, Castroverde, Friol, Guntín, Lugo, O Corgo, Outeiro de Rei, Rábade, Baralla, Láncara e O Páramo. 


“Conestes investimentos, reforzamos as políticas públicas que impulsamos dende a Deputación de Lugo en apoio do rural da nosa provincia, aproveitando a riqueza e a diversidade ambiental, patrimonial e etnográfica que atesouran as Reservas da Biosfera como oportunidade para favorecer un desenvolvementosostible e a creación de emprego”, subliñou.


Programa para a Dotación e Mellora de Servizos Comunitarios

A Voceira provincial socialista informou sobre estas actuacións tras a reunión da Xunta de Goberno deste venres, na que o Executivo aprobou o último trámite administrativo para o pago de subvencións por un importe total de 18.000€ a tres entidades asociativas que resultaron beneficiarias do Programa para a Dotación e Mellora de Servizos Comunitarios, que impulsa a Deputación de Lugo.

Asociación Cultural Deportiva Chao de Sebes, de Becerreá, recibirá 6.000€ para a renovación da Sede Social Museo Casanova; a Comunidade de Montes en Man Común da Meda, en Castroverde, contará con 6.000€ para a construción dun muro no campo da feira; e a Comunidade do Monte Veciñal  de Río de Bangos, na Fonsagrada, percibirá 6.000€ para a mellorado abastecemento de auga nesta aldea, pertencente á parroquia de San Martín de Arroxo.

Co Programa para a Dotación e Mellora de Servizos Comunitarios, a Deputación colabora economicamente con entidades asociativas da provincia, como agrupacións veciñais, comunidades de augas e de montes, e asociacións de gandeiros, agricultores ou produtores forestais, para acometer obras en servizos, equipamentos e infraestruturas que inciden no seu día a día, tales como pistas, accesos, locais sociais, traídas de auga, fontes ou espazos públicos comunais. “Estamos contribuíndo así a mellorar a súa calidade de vida e, desta forma, a fixar poboación no noso rural”, destacou García Porto.

Ademais, a Xunta de Goberno celebrada esta mañá aprobou a adxudicación, por preto de 90.000€, do contrato para o subministro de equipamentos e material administrativo destinado aos distintos departamentos da institución provincial.