Cooperación concellos
Deputación de Lugo

O Presidente anuncia para o Pleno do día 26 a aprobación das bases do Plan Deputación, que sobe ata os 21,75M€

PLAN DEPUTACION 2024
Cooperación cos Concellos
José Tomé Roca subliña que este programa supón transferirlles aos 67 concellos da provincia aproximadamente o 20% dos Orzamentos provinciais, seguindo criterios públicos e obxectivos -como son a superficie, a poboación, o índice de envellecemento e a dispersión territorial-, e cun respecto total á autonomía municipal

Por cuarto ano consecutivo, o Executivo provincial saca adiante o plan de investimentos no exercicio anterior ao seu período de vixencia, o que permite aos concellos planificar as accións con maior antelación e traballar con máis previsión e tempo, de forma que poden aproveitar mellor os fondos

O programa, que se publicará no BOP o día 8 de xaneiro, pasa a chamarse Plan Deputación co obxectivo de que a veciñanza identifique, dun xeito claro e visual, as obras e servizos que financia a institución provincial

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, anunciou para o Pleno ordinario deste mes de decembro, que se celebrará o vindeiro martes 26, o debate e aprobación das bases do que pasa a chamarse a partir de agora Plan Deputación de Lugo de Cooperación cos Concellos (antes Plan Único de Cooperación cos Concellos). Un programa de investimentos que, subliñou o Presidente, o Goberno sobe ata os 21,75M€ no ano 2024, e grazas ao que as 67 entidades locais da provincia poderán desenvolver actuacións en materia de infraestruturas, creación de emprego, Servizo de Axuda no Fogar, actividades, eventos, administración electrónica ou protección civil.  

O programa supón, polo tanto, “transferirlles aos concellos aproximadamente o 20% dos Orzamentos provinciais, seguindo criterios públicos e obxectivos, e cun respecto total á autonomía municipal”, asegura José Tomé. “Afianzamos así o peso deste plan nos presupostos provinciais, cun nivel de compromiso cos concellos que non ten parangón na Xunta de Galicia -pois non conta cun plan semellante, e mantén o Fondo de Cooperación Local nun raquítico 1,1% do total do seu presuposto-; nin tampouco nas deputacións de Ourense -que se apunta a esta medida, pero queda moi por debaixo desta institución-, e de Pontevedra -que recorta os fondos en máis dun 21%”, afirmou.

José Tomé Roca explica que esta medida “forma parte do noso compromiso de máxima cooperación cos concellos. Cada ano incorporamos melloras, sempre pensadas para facilitarlles a planificación e a xestión dos investimentos, e para que estes fondos sirvan da mellor maneira posible para atender as necesidades dos seus veciños e veciñas”, subliña o mandatario provincial. 

Plan Deputación 2024
Coa aprobación das bases no Pleno, o programa de investimentos pasa a chamarse Plan Deputación -confirmándose así o que xa avanzou o Presidente cando presentou os Orzamentos para o vindeiro ano 2024-, co obxectivo de que a veciñanza identifique, dunha maneira clara e visual, as obras e servizos que financia a institución provincial grazas a este programa, ao igual que fan o resto de administracións públicas, como a da comunidade autónoma galega.

Por cuarto ano consecutivo, o Executivo provincial saca adiante o plan no exercicio anterior ao seu período de vixencia, o que permite ás entidades locais planificar as accións municipais con maior antelación e traballar con máis previsión e tempo, de forma que poden aproveitar mellor os fondos. Por exemplo, as obras públicas poderanse executar na primavera-verán, o período do ano máis axeitado para traballar en exteriores dadas as características climáticas da provincia.

Así mesmo, as bases do Plan Deputación publicaranse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o día 8 de xaneiro, pasadas as datas de Nadal, o que tamén permite aos concellos ter máis tempo para elaborar as memorias e proxectos das obras que queiran presentar con cargo a estes investimentos. 

Reparto con criterios públicos e obxectivos
O Plan Deputación 2024 mantén a súa esencia, como é a distribución dos fondos en función de criterios públicos e obxectivos, como son a poboación, a superficie, a dispersión territorial e a taxa de envellecemento, segundo os datos oficiais do Instituto Nacional de Estatística (INE). 

A maiores desta contía, os 67 concellos tamén farán achegas seguindo tamén criterios obxectivos, que no seu conxunto sumarán máis de 920.000€, o que elevará este Plan Deputación a preto dos 23M€.

 

A distribución dos fondos por concello

 

A distribución dos fondos por concello
CONCELLOS ACHEGA DEPUTACIÓN PLAN DEPUTACIÓN 2024
ABADÍN  336.055,85 €
ALFOZ 275.170,45 €
ANTAS DE ULLA 272.754,69 €
BALEIRA 276.178,35 €
BARALLA 292.366,59 €
BARREIROS 277.975,79 €
BECERREÁ 304.019,12 €
BEGONTE 295.697,27 €
BÓVEDA 247.462,42 €
BURELA 378.027,06 €
CARBALLEDO 320.243,15 €
CASTRO DE REI 395.661,55 €
CASTROVERDE 305.527,86 €
CERVANTES 336.445,16 €
CERVO 298.101,62 €
CORGO (O) 340.764,97 €
COSPEITO 362.029,88 €
CHANTADA 471.753,85 €
FOLGOSO DO COUREL 270.893,75 €
FONSAGRADA (A) 443.062,04 €
FOZ 434.799,46 €
FRIOL 411.289,83 €
GUITIRIZ 443.816,48 €
GUNTÍN 316.700, 48 €
INCIO (O) 287.473,38 €
LÁNCARA 295.916,49 €
LOURENZÁ 252.394,79 €
LUGO 550.000 €
MEIRA 224.815,26 €
MONDOÑEDO 310.413,05 €
MONFORTE DE LEMOS 550.000 €
MONTERROSO 306.892,90 €
MURAS 279.509,98 €
NAVIA DE SUARNA 305.242,02 €
NEGUEIRA DE MUÑIZ 192.501,62 €
NOGAIS (AS) 251.129,95 €
OUROL 302.207,39 €
OUTEIRO DE REI 363.151,27 €
PALAS DE REI 378.134,67 €
PANTÓN 326.917,50 €
PARADELA 289.049,48 €
PÁRAMO (O) 247.386,82 €
PASTORIZA (A) 326.402,05 €
PEDRAFITA DO CEBREIRO 259.803,49 €
POBRA DO BROLLÓN (A) 284.191,49 €
POL 269.433,50 €
PONTENOVA (A) 274.453,38€
PORTOMARÍN 264.010,46 €
QUIROGA 350.510,73 €
RÁBADE

195.757,65 €

RIBADEO 452.871,35 €
RIBAS DE SIL 228.463,88 €
RIBEIRA DE PIQUÍN 230.030,82 €
RIOTORTO 237.095,93 €
SAMOS 282.057,68 €
SARRIA 550.000 €
SAVIÑAO (O) 382.725,05 €
SOBER 321.811,91 €
TABOADA 326.918,84 €
TRABADA 254.524,03 €
TRIACASTELA 204.040,09 €
VALADOURO (O) 287.186,53 €
VICEDO (O) 259.096,80 €
VILALBA 550.000 €
VIVEIRO 550.000 €
XERMADE 306.487,25 €
XOVE 281.562,85 €
TOTAL 21.750.000€