Deputación de Lugo

A Deputación participa na entrega de premios do XXVIII Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López de Paradela

paradela
certame literario Manuel Oreste Rodríguez López

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, participou este xoves en Paradela no acto de entrega de premios do XXVIII Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López. Pablo Rivera destacou durante o acto, celebrado no Centro Sociocultural que leva o nome dos galardóns, que este certame, “que leva o nome da provincia de Lugo lonxe das nosas fronteiras”, demostra a riqueza cultural e a capacidade dinamizadora do rural. O certame literario Manuel Oreste Rodríguez conta con dúas categorías de narrativa e poesía, cun premio de 1.000€ para cada modalidade.