Axenda Institucional
Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación recibe ao Ministro Conselleiro da Embaixada de Cuba

Cuba

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu este luns no Pazo de San Marcos ao Ministro Conselleiro da Embaixada de Cuba en España, Alejandro Núñez Padrón, e á Conselleira Cultural, Natacha Del Riego Vidal. Un encontro, no que tamén participou o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, e o Secretario Xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, e que serviu para fortalecer os lazos entre a comunidade lucense e o pobo cubano, potenciándoos como un factor de desenvolvemento. O mandatario provincial fíxolles entrega aos representantes cubanos dun libro que recolle a historia do Pazo provincial e unha réplica da fachada do edificio de San Marcos.