Corte de tráfico por obras de mellora na estrada que vai de Gontán a Reigosa, na Pastoriza

PASTORIZA
rede viaria provincial

A Deputación de Lugo informa de que de que a partir deste mércores, 24 de xaneiro, e durante unha semana -ata o día 31-, permanecerá cortada a estrada LU-P-0103, que conecta Gontán e Reigosa, no concello da Pastoriza, no treito que vai do quilómetro 12,080 ao 13,600, debido aos labores de arranxo do firme que está acometendo a empresa encargada da convervación da vía. Estará habilitado e debidamente sinalizado un desvío alternativo.