A Festa do Caldo de Ósos propón unha "viaxe pola paisaxe cultural de Taboada" cunha vintena de actividades arredor da degustación da receita tradicional
![](/sites/deputacionlugo.org/files/2024-01/WhatsApp%20Image%202024-01-29%20at%2013.16.57.jpeg)
Efrén Castro participou na presentación do programa, que conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo
O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou este luns na presentación do programa da Festa do Caldo de Ósos de Taboada, que se celebrará os vindeiros 10 e 11 de febreiro coa colaboración da área de Cultura.
Na súa intervención no acto, o responsábel provincial valorou a aposta do concello "por renovar esta festa gastronómica cunha programación que pon en valor a receita tradicional e os produtos, destacando a compoñente cultural e patrimonial que hai detrás deste acervo culinario"
O concelleiro de Cultura Manuel Diéguez e a coordinadora do programa Noa López debullaron as actividades organizadas para a 32 edición da Festa, que inaugurará o pregón do xornalista e divulgador cultural Manolo Gago.