Deputación de Lugo
Infraestruturas

A Deputación reabre ao tráfico o cinto comarcal á altura do concello do Corgo tras mellorar a drenaxe

O Corgo
Cinto comarcal
REDE DE ESTRADAS PROVINCIAIS
A institución investiu 83.000€ nas obras de instalación dun marco de formigón prefabricado para canalizar a saída da auga dun xeito máis eficiente e evitar así afundimentos como os ocorridos polas fortes choivas de finais de ano

A Deputación de Lugo reabriu este mércores ao tráfico o cinto comarcal á altura da parroquia de San Pedro de Cerceda, no concello do Corgo, tras arranxar os danos provocados polas fortes chuvias de finais de ano e que obrigaron a institución provincial a actuar de emerxencia para resolver o afundimento da estrada. 

En concreto, a Deputación investiu 83.000€ nuns traballos que afectaron a esta vía -a LU-P-1611- no punto quilométrico 12,450 e que consistiron na instalación dun marco de formigón prefabricado de sección rectangular e de 3x2 metros cadrados co obxectivo de canalizar a saída da auga dun xeito máis eficiente; a pavimentación do firme; a implantación do sistema de contención e á reposición da sinalización.

Unhas tarefas que a Deputación acometeu en coordinación coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e adoitando as medidas precisas para evitar a contaminación das augas do río Neira, situado nas proximidades.