Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

Taboada deu a saída a algúns dos mellores ciclistas internacionais na segunda etapa do Gran Camiño,patrocinada pola Vicepresidencia da Deputación

O GRAN CAMIÑO
EFRÉN CASTRO
Ciclismo
Taboada
A previa á carreira dedicouse á promoción dos produtos da Ribeira Sacra, cunha zona de degustación para o público e un lote para os corredores

Taboada foi escenario da saída da segunda etapa da volta ciclista O Gran Camiño, patrocinada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Corredores de once dos mellores equipos internacionais, con figuras como Jonas Vingegaard, Egán Bernal, Richard Carapaz ou Carlos Canal, tomaron a saída na avenida de Lugo, a carón da Praza de Riazón, onde a tenencia de alcaldía do Concello de Taboada instalou unha zona de degustación para promocionar os produtos da Ribeira Sacra.

Nos actos previos á saída, durante a presentación dos equipos, o vicepresidente da Deputación, Efrénén Castro, o tenente alcalde de Taboada, José Portela, e o concelleiro de Deportes, Cultura e Deportes, Manuel Diéguez, entregaron ao equipo Movistar -no que compite Carlos Canal- un lote de produtos locais.

Os ciclistas percorrerán 151 quilómetros polas estradas de Taboada, Monterroso, Palas de Rei, Guntín, Portomarín, Paradela, O Saviñao e Chantada, onde remata esta segunda etapa da volta ciclista profesional a Galiza, que se retransmitirá en máis de 150 países de distintos continentes a través de Eurosports e medios especializados.

O vicepresidente da Deputación Efrén Castro destacou “a oportunidade que ofrece esta proba para a promoción do territorio, nesta edición, a Ribeira lucense do Miño, que percorrerán os ciclistas”.