Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo colabora coa Semana Santa de Viveiro con 25.000€

Semana Santa de Viveiro

A Deputada pola comarca da Mariña, Carmela López, participou este sábado na presentación do cartel da Semana Santa de Viveiro e o programa ADRAL 2024 que tivo lugar na Sala Multiusos do Concello mariñao. Destacou que a Deputación de Lugo colabora coa celebración da Semana Santa de Viveiro cunha achega de 25.000€, “dende o convencemento de que é unha obriga cara a conservación do noso patrimonio e as nosas tradicións. Unha herdanza moi rica que temos que manter viva, pero tamén unha fonte de desenvolvemento para Viveiro e para o resto da nosa comarca e da provincia”.

No acto participaron, xunto á Deputada, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; e o presidente da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro, José Veiga.