Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación recibe ao novo Xefe da Garda Civil de Lugo, Manuel Touzada Souto

Garda Civil

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu este venres no Pazo de San Marcos ao novo Xefe da Comandancia da Garda Civil de Lugo, Manuel Touzada Souto, que se incorporou recentemente ao seu cargo. O mandatario provincial deulle a benvida á provincia desexándolle sorte na súa nova responsabilidade, ademais de trasladarlle a vontade de colaboración da institución coa Benemérita. O Coronel substitúe na xefatura a Carlos Barceló, que desempeñou o cargo de forma temporal trala xubilación de Julio Javier González Chas. Durante o encontro, o mandatario provincial fíxolle entrega como agasallo institucional ao novo Xefe da Comandancia da Garda Civil de Lugo do libro sobre a historia do Pazo de San MarcosProxectos para o Hospital Isabel II, o Instituto de 2ª Ensinanza e a Deputación Provincial de Lugo.