Deputación de Lugo

A Deputación participa na inauguración do XVII Salón do Automóbil que se celebra no Pazo de Feiras de Lugo

pazo de feiras
salón do automóbil

O Deputado de Participación Cidadá, Iván Castro, participou este venres na inauguración do XVII Salón do Automóbil que se celebra estes días, ata o 10 de marzo, no Pazo de Feiras de Lugo. Unha cita que segundo destacou “se ten consolidado como un referente para a dinamización do sector da automoción e, polo tanto, para o desenvolvemento da actividade económica da nosa provincia” e que vai na liña dunha das actuacións prioritarias que impulsa a Deputación como é “o apoio aos sectores produtivos para xerar emprego de calidade”.

Na cita, Iván Castro estivo acompañado do xerente do Pazo de Feiras, Rubén López; e o Concelleiro de Xuventude e Deportes de Lugo, Mauricio Repetto, entre outras autoridades.