Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

O Presidente amosa o apoio da Deputación a Alcer Lugo no Día Mundial do Ril

DÍA MUNDIAL DO RIL

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, achegáronse este xoves á mesa de cuestación que a Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril (Alcer Lugo) instalou na Praza de San Marcos con motivo do Día Mundial do Ril. José Tomé trasladoulles aos representantes do colectivo o apoio da institución provincial que mantén unha colaboración anual coa asociación para apoiar o seu labor na atención ás persoas con enfermidades renais, e puxo en valor os máis de 40 anos do colectivo traballando na provincia. 


A institución provincial súmase esta noite ao apagón solidario convocado por Alcer en apoio aos enfermos electrodependentes que reclaman axudas para sugrafar os gastos da luz que teñen que asumir en diálise domiciliaria.