Cultura
Deputación de Lugo

Efrén Castro e Maite Ferreiro entregaron os premios da clausura da Final Galega da Olimpíada de Matemáticas

EFRÉN CASTRO
Maite Ferreiro
Olimpíada Matemática
A Vicepresidencia da Deputación colabora con Agapema na esta cita, na que participaron 40 alumnas e alumnos de toda Galiza

O Pazo de San Marcos acolleu a entrega de premios da XXV Olimpíada Galega de Matemáticas, que reuniu na cidade de Lugo durante toda a xornada a 40 estudantes de Galiza do último curso de ESO, entre eles cinco estudantes lucenses do IES Leiras Pulpeiro, IES Ánxel Fole, Colexio Maristas e CPR Divina Pastora – Salesianos, todos da cidade de  Lugo,  e do IES Gregorio Fernández de Sarria.

O vicepresidente da Deputación Efrén Castro e a concelleira de Cultura e Turismo de Lugo Maite Ferreiro entregaron os premios do certame, a estudantes de centros da Coruña, Compostela e O Carballiño, que representarán a Galiza na proba estatal a mediados de xuño en Jarandilla de la Vera.

A área de Cultura  da Vicepresidencia da Deputación colaborou coa Asociación Gallega del Profesorado de Educación Matemática (Agapema) na organización desta cita,que trouxo a Lugo tamén a familiares do alumnado, que aproveitaron a xornada para visitar o Centro de Artesanía e Deseño (Centrad)