Cultura
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputacion e As Cavarcas organizaron un curso de cestería no Incio

Asociación As Cavarcas
O Incio
CENTRO DE ARTESANÍA E DESEÑO

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achegou ao Concello do Incio unha formación centrada na elaboración de cestería. Trátase dunha actividade realizada da man da Asociación As Cavarcas do Incio no que 14 veciñas e veciños da localidade aprenderon a elaborar cestas de vimbio coa artesá Beatriz Valín. Posteriormente mantivéronse expostos os traballos.

Dende a asociación destacan a importancia de que a institución provincial, a través da área de artesanía, achegue estas iniciativas para dar a coñecer as tradicións ao tempo que se dinamiza o rural. Tamén destacan a importancia desta formación que a partir dos vindeiros meses reunirá a un grupo de participantes mensualmente para continuar o traballo artesanal. Pola súa banda, a vicepresidencia provincial enmarca esta iniciativa no apoio ao tecido asociativo da provincia.

Á formación en cestería súmase ao programa que a área de Rural desenvolve ao longo do ano xunto ás Cavarcas do Incio para o aproveitamento produtivo do monte e a conservación do patrimonio cultural. Deste xeito, no mes de maio levouse tamén a cabo unha xornada de cultivo de cogumelos en distintos medios impartida pola Sociedade Micolóxica Lucus.

curso cogomelos