Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación apoia a organización dos Torneos de Fútbol Base da SD Ribadeo, que comezan esta fin de semana

DANIEL GARCÍA
Torneos de Fútbol Base da SD Ribadeo
SD Ribadeo
Daniel García sinalou a relevancia do torneo que proxecta o traballo que a SD Ribadeo realiza todo o ano coa base

O deputado de Mocidade Daniel García participou esta mañá na presentación dos Torneos de Fútbol Base SD Ribadeo, que se celebrarán ao longo do mes de xuño co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Os torneos, un referente no calendario de final de temporada, reunirá uns 140 equipos do norte de España e de Portugal das categorías miniprebenxamín, prebenxamín, benxamín, alevín e infantil (nenos e nenas entre 5 e os 14 anos) nas vindeiras fins de semana, con partidos no Pepe Barrera, no Gregorio Sanz, no campo do Outeiro na Devesa (Ribadeo), no campo das Valgas en San Miguel de Reinante e no Campo Trenor de Barres (Castropol)-

Na súa intervención no acto, o deputado de Mocidade Daniel García valorou a relevancia do torneo, que serve de proxección para o traballo que a SD Ribadeo realiza ao longo de toda a temporada coa base, e que transcende ao ámbito deportivo, cunha gran repercusión social polo número de persoas que trae a Ribadeo e á Mariña”.

Calendario

O calendario ábrese esta fin de semana – 1 e 2 de xuño – co torneo infantil, que contará coa participación de 40 equipos e que terá como anfritrión a un Ribadeo infantil que a vidneira temporada xogará nunha categoría superior, tras logras esta temporada o ascenso á Liga Interprovincial.

Os días 8 e 9 de xuño disputarase o torneo nas categorías benxamín e prebenxamín, co participación de 64 equipos. Os alevíns pecharán a quenda os días 15 e 16 de xuño, coa participación de 60 equipos. Esta mesma  fin de semana xogaranse tamén partidos de iniciación (participarán 6 equipos de miniprebenxamín).

Colaboración co tecido deportivo

A área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora na organización do Torneo de Fútbol Base SD Ribadeo, reforzando a colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén co tecido deportivo de base, cunha convocatoria anual de subvencións de concorrencia competitiva, cuxa tramitación este ano está marcha, e que,  en 2023, beneficiou 13 entidades ribadenses, cun investimento de 30.000 euros.

A Vicepresidencia da Deputacíon de Lugo tamén realizou nos últimos anos investimentos en infraestururas deportivas en Ribadeo, como as melloras no campo de Outeiro, na Devesa, a reforma integral do hangar do CP  Altrúan ou o financiamento da pista multideporte.