Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Estudantado de Castroverde coñece a granxa Angus do Campo co programa “Da Escola á Granxa” da Vicepresidencia

DA ESCOLA Á GRANXA
Castroverde
Angus do Campo
IRIA CASTRO

A Deputada Iria Castro acompañou este venres ao estudantado do CPI de Castroverde na visita que realizaron á granxa Angus do Campo. Unha actividade enmarcada na terceira edición do programa “Da Escola á Granxa”, impulsada pola área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Esta proposta permite que o alumnado se achegue á gandería e á agricultura desde unha nova perspectiva. Esta edición conta coa participación 34 granxas e proxectos de emprendemento no rural, 5 máis que na pasada edición, e 51 ANPAS beneficiarias.