Deputación de Lugo

A Deputación participa na graduación e entrega dos diplomas ao alumnado da UNED Sénior de Lugo

UNED
graduación

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participou este luns no acto de graduación e entrega dos diplomas ao alumnado que cursou formacións da UNED Sénior de Lugo este ano. A cerimonia, que se desenvolveu no Salón de Actos do centro lucense, en Tolda de Castela, contou tamén coa presencia da directora da UNED en Lugo, Ana Traseira, e a titora do curso, Cristina Pereira.

“Na Deputación de Lugo cremos firmemente que a formación non ten idade”, sinalou Miguel Fernández, “por iso apoiamos con entusiasmo iniciativas como a UNED Sénior, que brindan a oportunidade de continuar formándose e medrar persoalmente”. A UNED conta en Lugo cunha achega da institución provincial que supera os 320.000 euros anuais para o funcionamento do centro e a posta en marcha de diferentes proxectos cos que o alumnado pode ampliar a súa formación.