Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación celebra o ascenso do Burela FS

Burela FS
EFRÉN CASTRO
DANIEL GARCÍA
IRIA CASTRO

O Vicepresidente da Deputación de Lugo e deputado de Deportes, Efrén Castro, recibiu ao equipo do Burela FS polo ascenso á primeira categoría do fútbol sala estatal, xunto á deputada de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüistica, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García.

Efrén Castro parabenizou ao equipo e ao club “o único do Estado que conta con representación masculina e feminina en primeira categoría. É un orgullo para o deporte lucense e galego contar cun proxecto  destas características, que fai que Burela se coñeza en todo o Estado como  referente deportivo. Este ano os resultados deportivos recompensaron o esforzo”.

A área de Deportes da institución provincial é o principal patrocinio institucional do club burelés ao que achega 140.000€ anualmente.